venres, 14 de maio de 2021

Semana do Libro diferente

 Para a Semana do Libro, do 19 ao 23 de abril, propuxemos ao profesorado, representar con pistas ou/e disfraces un conto coñecido para adiviñar.

Cada mestre/a elixiu un conto, e durante esa semana trouxo pistas para que o alumnado tentase adiviñar de que conto se trataba. Ao final da semana se desvelaron os títulos elixidos por cada profesor/a.

Adiviña o libro de Aquel de Frións

luns, 3 de maio de 2021

Xela Arias, Letras Galegas 2021

Un ano máis convidámosvos a coñecer unha escritora, poeta, tradutora e amante da Lingua Galega. 

Non vos dou datos a maiores, premede na imaxe e afundirvos no seu mundo a través dos recursos marabillosos que comparte a Real Academia Galega na páxina "Primavera das Letras"

Por se queredes máis recursos, velaquí tedes outros enlaces:

venres, 23 de abril de 2021

Día da Terra con Odile Rodríguez de la Fuente

Visitounos a bióloga Odile Rodríguez de la Fuente que falou co alumnado de 6º sobre a figura do seu pai Félix Rodírguez de La Fuente, coñecido divulgador da natureza.


 

Odile foi quen de transmitirnos a mesma paixón que o se pai pola vida salvaxe e pola defensa do medio natural. 
Foi toda unha honra poder ter unha visita tan ilustre na que colaborou o concello de Ribeira.