luns, 19 de setembro de 2022

Lema e cartel das Bibliotecas Escolares 2022/23

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 


A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.

A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.
SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN, PREMEDE AQUÍ

martes, 31 de maio de 2022

Compartindo frases significativas

Compartimos con vos esta frase decorada que nos fixo chegar FATI, unha alumna de 6º no concurso de Nadal. As próximas sairan durante o verán. Pasádevos por aquí e mirádeas.
Calendario xuño de Aquel de Frións

sábado, 28 de maio de 2022

venres, 6 de maio de 2022

Conmemorando o Día Internacional do libro.

 Como o curso pasado, repetimos actividade. Porque é divertida, fainos pensar e recordar tódalas emocións escondidas nos libros. 

Os/as  mestres/as elixiron un libro. Cada día tiña que levar unha pista sobre o libro enrriba. Foron engadindo pistas do seu libro elixido durante toda a semana. O alumnado tiña que adiviñar os máis posibles.

Adiviña o libro de Aquel de Frións

xoves, 5 de maio de 2022

Visita de Celtia Figueras

Presentounos a historia do conto Ula Lúa?, cos personaxes en forma de monicreques. Fíxonos sentir parte da historia e mesmo parecía que estabamos alí, vivindo as aventuras con eles.