Que ben o pasan os nosos rapaces e rapazas co apadriñamento lector!😊
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
venres, 27 de outubro de 2023
APADRIÑAMENTO LECTOR
Apertura da biblioteca polas tardes
A BIBLIOTECA DO AQUEL xa está outra vez en marcha!
O horario é de 16:00 a 17:30 horas os luns, mércores e xoves. Os martes de 16:00 a 17:00 horas para préstamos e devolucións.
venres, 30 de xuño de 2023
Revista Aquelar
Para rematar o curso presentamos a nova edición da Revista Aquelar. Cos traballos do noso alumnado xirando en torno ao tema deste curso "ESCRIBIR", lema das Bibliotecas Escolares.
luns, 26 de xuño de 2023
Todos a reciclar
xoves, 22 de xuño de 2023
Recompensa ao noso voluntariado
Quixemos recompensar a axuda prestada por o alumnado de 5º e 6º que neste curso formaron parte do equipo de voluntarios de biblioteca. Tiveron unha sesión de cine con palomitas incluidas. Estamos moi agradecidos pola súa colaboración.
mércores, 21 de xuño de 2023
Recomendacións para o verán
Xa rematamos este curso e pechamos temporalmente a nosa biblioteca pero compartimos con vos algúns libros para desfrutar do tempo de lecer.
venres, 2 de xuño de 2023
Romaría Letras Galegas
Compartimos con todos vos algúnhas imaxes da celebración das Letras Galegas deste curso no cole de Frións.


