xoves, 19 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, no que realizamos diferentes actividades conmemorativas.



mércores, 17 de decembro de 2025

OS NOSOS BOS DESEXOS PARA O NOVO ANO

 

Para rematar o ano, todo o alumnado do noso centro participou escribindo bos desexos para o vindeiro 2026.

Dende Frións, comezamos o camiño cara ao ano novo coa mochila cargada de bos desexos e coa certeza de que, entre todos e todas, seguiremos construíndo un colexio cada vez máis acolledor.


mércores, 3 de decembro de 2025

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 


Hoxe no noso colexio conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data que nos lembra a importancia de construír entre todas e todos unha sociedade máis inclusiva, accesible e respetuosa coa diversidade.

Dende a biblioteca, fixemos a proposta de escribir os nosos nomes en braille.


Porque aprender a mirar con outros ollos tamén é unha forma de ler o mundo.