sábado, 25 de febreiro de 2012

Día de poemas ao Rosalía de Castro

25/02/2012. O alumnado de 4º e 5º leron poemas de Rosalía de Castro e convidamos a antiguas compañeiras mestras e ás súas fillas, algunha tamén ex alumna, e poemáronnos ao xeito rosaliano, para celebrar o 175 aniversario do seu nacemento.

martes, 31 de xaneiro de 2012

Os nenos e as nenas de infantil fixeron un mural moi chulo paracelebrar " O Día da paz". Aquí podedes os maiores deste ciclo.

Ollando a paz a través dos máis pequenos.

Durante a semana da paz os nenos e nenas de infantil estiveron votando unha ollada a diferentes contiños para aprender máis sobre o que significa a palabra PAZ.

Na clase de 3 anos a profe leulles un conto precioso e mundialmente coñecido: O ELEFANTE ELMER. Con este conto aprenderon que iso de ser diferente pode ser moi positivo.












<

Mentres, a clase de 4 anos visitou a biblioteca e logo de ollar moitos libros, escollemos o conto MELLOR FALAR, QUE PELEXAR. O mesmo conto o di: falando enténdese a xente!! E así o plasmaron nos seus debuxiños.





















E na clase de 5 anos tiveron unha sorpresa: a profe Ángela de 2º visitounos para ler un conto precioso en inglés chamado THE MIXED-UP CHAMELEON.Trata dun camaleón que non estaba conforme con poder cambiar de cor, senon que desexaba convertirse noutros animaliños ata converterse nun ser sin identidade propia e irrecoñecible...¿Como remataría a historia? MOI RECOMENDABLE!! Só hai que ver as caras dos peques...













debuxo conto paz clase 5 anos

A INVESTIGACIÓN E A PAZ NO MUNDO

XANEIRO: " A investigación e a paz no mundo".
Lema: A investigación mellora a humanidade de nenos e nenas de calquer nacionalidade.
Estes son os carteis que fixeron os alumnos este xaneiro 2012, para o día da Paz.

mércores, 21 de decembro de 2011

Festival de Nadal 2011

E agora o fantabuloso espectáculo do festival de nadal 2011.



Tede paciencia que son 18 vídeos encadeados, se os queres ir pasando dalle "ao trianguliño co pauiño para arriba"

martes, 20 de decembro de 2011

Postal de Nadal 2011

Mirade que cousa máis chula fixeron os artistas de Frións.
Autoras:
- Do debuxo Sheila de 1º de EP.
- Do Tweet Laura de 6º de EP.

Postal Frións_2011