venres, 9 de outubro de 2015

E este ano investigaremos que queremos ser...

Xa co novo curso empezado, iniciamos a nosa andaina co novo Proxecto de biblioteca 2015-16, “Construindo bibliorecetas para ser quen queres ser”...
Un proxecto ilusionante, do que vemos as primeiras mostras aportadadas polo noso alumnado, que desde infantil a primaria ten grandes aspiracións.

20151110_104502

20151110_104541

sábado, 20 de xuño de 2015

6º para sempre nunha pegada de árbore

O alumnado de 6º curso quixo deixar a súa pegada e facer un último traballo no "libro das palabras". Debuxaron unha fermosa árbore e cada un deixou impresa en cores a súa pegada cos dedos, poñendo o seu nome a carón e unha cualidade que o identifique... Ata sempre Frións!
DSC_1274

DSC_1277

DSC_1276

xoves, 18 de xuño de 2015

Novo rexistro das árbores do patio

O traballo de investigación proposto para este trimeste sobre as árbores do patio, levado a cabo polo alumnado de 6º curso, chegou ao seu remate e como resultado final, elaboraron un plano comparativo da ubicación e número de árbores no ano 1998, ano en que se realizou o proxecto de Voz Natura de deu orixe á plantación das ditintas especies investigadas. Mantemos o mesmo número de árbores, unhas 50 en total, variando actualmente o número de especies... O vindeiro ano seguiremos á busca de "novidades arbóreas" para traer ao bosque de Frións!

DSC_1456

DSC_1457

xoves, 11 de xuño de 2015

Pablo e Luis de 6º curso lendo códigos QR no patio do cole

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións fixo un traballo coas árbores do patio e explica cómo ler os códigos QR que colocaron nas paxareiras e letreiros cos nomes das árbores.

mércores, 10 de xuño de 2015

Fixemos paxareiras con cartóns de leite e zumo

Que chulas nos quedaron aos alumnos e alumnas de 6º curso estas paxareiras de cores feitas con cartóns de leite e zumo que troixemos da casa. Déronnos moito chollo, pero mereceu a pena, pois colocámoslle uns códigos QR...que te levarán a moitas fotos de momentos divertidos no cole...A qué esperas para lelos desde unha tableta ou un móbil!!!

DSC_1106 DSC_1105

DSC_1283 DSC_1282

martes, 9 de xuño de 2015

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta...