venres, 13 de xaneiro de 2017

En xaneiro, lemos por dentro para quentar por fóra

Os máis pequenos volveron do nadal con ganas de escoitar un conto e aos máis maiores do cole xa lles tardaba contarllo. O sitio é o de menos, cando a calor dos nosos lectores e lectoras acompaña os contos favoritos... eso si, ben abrigadiños!






martes, 20 de decembro de 2016

Recomendacións Nadal 2016

Aquí tedes algunhas ideas para os vosos nenos e nenas. Un libro axúdalles a soñar e descúbrelles un mundo cheo de cousas por coñecer.

Novidades de Decembro 2016 desde os apadriñamentos

O alumnado de 6º curso leulle moitos contos os luns, no proxecto lector, aos peques de 3 anos neste primeiro trimestre.
Queren aproveitar para facernos recomendacións lectoras coas novidades que entraron na biblioteca para o nadal.

Postais do Nadal

Aquí vos deixamos unha mostra das postais que fixeron os alumnos/as xunto coas súas familias para o concurso de postais que organizamos cada ano. Aproveitámolas para decorar o cole. Moitas grazas por participar e ... FELICES FESTAS!