venres, 20 de decembro de 2019

Recomendacións para o Nadal

Un libro pode ser un bo agasallo nestas datas, tan bo coma calquera outro. Desde a biblioteca de Frións presentamos algunhas ideas interesantes. E de paso desexarvos un BO NADAL a toda a comunidade.


luns, 9 de decembro de 2019

Tradición Oral

Boas familias! Aquí expoñemos a selección feita grazas ás vosas achegas de Xogos da vosa infancia. De todas elas escollemos unhas poucas. Esperamos que gocedes véndoas. Saudiños.

xoves, 28 de novembro de 2019

Día Internacional da Discapacidade

Xa está a volta da esquina a conmemorción do Día sinalado. Queremos poñer ao voso alcance uns cortos moi educativos para todos e que dan pé a conversas significativas e enriquecedoras. 
Animádevos a velos xuntos!

luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional pola elimininación da violencia contra a muller

Así traballamos esta ano a non violencia contra a muller no colexio, facendo un unha actividade inclusiva donde todos e todas podan participar e aprender a convivir con respecto e paz.

luns, 11 de novembro de 2019

SAMAGOSTÍN


Como no curso pasado celebramos o “Samagostín”,  mestura de Samaín e  Magosto. Participamos en Xogos Tradicionais e comemos castañas. Pasámolo xenial. Preme na imaxe para ver todas as fotos.