luns, 12 de outubro de 2020

Recursos para o Samaín

 Velaquí algúns vídeos con contos de medo. 


No seguinte enlace podedes atopar os fondos que temos na biblioteca do cole para traballar neste tempo do Samaín: contos de medo, de bruxas, vampiros, monstros, fantasmas, ogros, esqueletos e moito máis.



venres, 9 de outubro de 2020

Recomendacións lectoras

 Bos días lectores e lectoras!

Como chegan tantos días agora de vacacións, tamén podemos desfrutar lendo! A continuación tedes unha páxina onde podedes encontrar unhas recomendacións lectoras moi boas. Entrade no seguinte enlace e investigade!

Rede Lectura

luns, 5 de outubro de 2020

LEMA PLAMBE

O lema e o cartel publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) para as bibliotecas escolares de Galicia cara a este curso 2020/21, «Xeografías lectoras na biblioteca escolar», quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon á disposición da comunidade educativa.

luns, 17 de agosto de 2020

Compartindo opinións sobre a Mochila Viaxeira

 Velaquí algunhas das vosas aportacións aos Diarios Viaxeiros que acompañan as Mochilas Viaxeiras. Neles compartides opinións, debuxos e agradecemntos. Moitas grazas por participar.


xoves, 18 de xuño de 2020

Concurso literario Letras Galegas concello de Ribeira

Aínda que a celebración das Letras Galegas quedou posposta para máis adiante, algúns animáronse a participar no XXVIII concurso do concello de Riberia. Temos unha recompilación destas creacións que confiamos vos guste un mundo.

martes, 2 de xuño de 2020

Recomendacións da biblioteca para o verán

E para o verán traemos algunhas propostas moi interesantes de libros. Xa están organizadas por idade e ben explicado o seu contido. 
De este xeito tamén contribuimos a manter o traballo de todos/as aqueles/as que forman parte deste máxico múndo da palabra, que nestes tempo de encerro facilitaron o acceso a moitos materialis gratuitamente.