venres, 23 de abril de 2021

Día da Terra con Odile Rodríguez de la Fuente

Visitounos a bióloga Odile Rodríguez de la Fuente que falou co alumnado de 6º sobre a figura do seu pai Félix Rodírguez de La Fuente, coñecido divulgador da natureza.


 

Odile foi quen de transmitirnos a mesma paixón que o se pai pola vida salvaxe e pola defensa do medio natural. 
Foi toda unha honra poder ter unha visita tan ilustre na que colaborou o concello de Ribeira.   
 
   

venres, 26 de marzo de 2021

Semana da Prensa

Nesta ocasión pedimos ao noso alumnado que traballará conxuntamente o Día da Muller coa Semana da Prensa na escola. Tiñan que atopar novas que estivesen escritas por xornalistas mulleres, ou que tiveran mulleres coma protagonistas. Despois tiñan que comparar os resultados dos recortes atopados e facer unha reflexxión. Velaquí un exemplo.

          Tamén participaron os/as máis pequechos/as

venres, 19 de marzo de 2021

Día Internacional da Narración Oral

Compartimos o Manifesto redactado por Fina Casalderrey para conmemorar o Día internacional da narración Oral

Organizado polo Festival Atlántica e coa colaboración de Sete falares e o NOGA (colectivo de Contacontos de Galicia) conmemoraremos o día cunha serie de espectáculos.




martes, 9 de marzo de 2021

Poesías en familia

 Velaquí as aportacións feitas por algúns de vos, rimas en FAMILIA. Están cheas de enxeño e creatividade. Encántanos que participedes e nos fagades chegar as vosas creacións.