Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
venres, 28 de outubro de 2022
martes, 25 de outubro de 2022
Volven as mochilas viaxeiras!
As Mochilas Viaxeiras voltan ao noso cole con moito que contar!
Este ano contaremos cunha mochila por curso, con todo ben explicado (libros e material que levan, díptico coas normas das mochilas...) O Aquel continua, moi atento dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente.
Desfrutade das lecturas!
domingo, 16 de outubro de 2022
Recursos Samaín
xoves, 13 de outubro de 2022
martes, 4 de outubro de 2022
Comezo da apertura da biblioteca polas tardes!
A partir do luns 3 de outubro reabrirá a biblioteca do cole polas tardes. O horario será de 16:00 a 17:30 horas dos luns, mércores e xoves. Os martes de 16:00 a 17:00 horas para préstamos e devolucións.
Dende o centro queremos poñer a disposición un espazo onde poidan ler e facer algunha tarefa.
xoves, 29 de setembro de 2022
Volve o apadrinamento lector!
Comezamos este curso 2022/23 coa volta dos apadrinamentos lectores! Participan os cursos 5ºB de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil.
Velaquí algunhas fotos do primeiro día!
luns, 19 de setembro de 2022
Lema e cartel das Bibliotecas Escolares 2022/23

