sábado, 14 de febreiro de 2015

Primeira Actividade co Grupo 1 de PROA

Os rapaces e rapazas apuntados ó Plan de Reforzo, Orientación e Apoio do Grupo 1, asistiron este xoves á súa primeira clase pola tarde, onde puideron tomar contacto co primeiro exemplo de actividade deseñada para eles. Os nenos e nenas estiveron na Aula de Audiovisuais vendo un pequeno extracto de animación a partir do cal tiveron que elaborar o seu propio conto botando man dos personaxes e lugares que viron nel. Nos últimos intres da sesión, tamén tiveron tempo para xogar con xogos educativos cos que traballar conceptos espaciais e xeométricos.

20150212_175620

Ningún comentario:

Publicar un comentario