mércores, 8 de abril de 2015

Proxecto de investigación "Lemos nun bosque"

Xustificación

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións, coordinados desde a biblioteca escolar pola titora, Mª José Muñiz Mirás e a orientadora, Mª Dolores Juiz López, dirixen un proxecto de investigación sobre as árbores do patio da escola, coordinado co proxecto documental integrado (PDI) elaborado para éste curso desde a biblioteca escolar sobre as árbores do patio da escola. Deste xeito realizaranse investigacións nas que o alumnado, ademais de investigar sobre temas relacionados coas árbores, familiarizarase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando para elo recursos documentais.
“Lemos nun bosque” é o título do proxecto co que, ao longo do curso 2014-15, queremos englobar unha serie de traballos deste nivel, entorno ás árbores. Baixo este título queremos dar continuidade a un proxecto de actuación, co que se participou na 2º edición de Voz Natura no ano 1998 e no que se plantaron moitas das árbores do patio escolar, converténdose así no parque do que hoxe desfrutamos, tanto o alumnado e a comunidade educativa, como a veciñanza de Frións.

DSC_1208 DSC_1207

Ningún comentario:

Publicar un comentario