Aproveitando a celebración do festival de Nadal, organizamos no centro un Mercadiño Solidario de libros: "Quilo por libro". Consiste en "intercambiar" alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, legumes, latas...) por un libro de segunda man, a escoller, dos expostos nunha mesa á entrada do cole. A comida recollida levarémola a unha ONG para repartila entre os máis necesitados de Ribeira. Animádevos a participar!
O Mercadiño Solidario gustou moito e unha vez mais comprobamos a xenerosidade da nosa comunidade, compartindo do seu cos que teñen necesidade. Agradecémolo moito e desexamos que gocen da lectura en familia.
</a>
Ningún comentario:
Publicar un comentario