venres, 4 de marzo de 2016

"OBRADOIRO DE COCIÑA FRIONEIRA"

En Frións queremos incentivar o talento e a creatividade dos máis pequenos. Dentro dos Programas Contrato, como un Programa de Excelencia, os días 7, 9 e 10 de marzo imos facer pola tarde uns obradoiros de cociña, dirixidos aos NENOS E NENAS de INFANTIL, 1º e 2º curso.
A idea é compartir cos nenos e nenas máis pequenos do centro, o interese polo mundo gastronómico, a partir da preparación de platos ricos e nutritivos que lles permitan desenvolver a súa capacidade motriz, sensorial e creativa, contando coa colaboración de papás e mamás, que nos contaxiarán o seu gusto culinario.

IMG_20160307_180715

Ningún comentario:

Publicar un comentario