xoves, 23 de xuño de 2016

Palabras e conductas que facilitan a convivencia

Traballo realizado ao longo do curso polo alumnado de 6º curso dentro do Programa de "Mellora da Convivencia e promoción da igualdade nos centros", dentro dos Contratos Programa.
Ao longo do curso, fomos tomando conciencia dos valores persoais que cada un quería poñer na mochila para a súa vida, escollendo unha palabra a partir do visionado dun corto en valores. Elaboramos un EMOCIONARIO FRIONEIRO, con palabras e conductas que facilitan as relacións con outras persoas e aumentan o benestar persoal.




Os cortos empregados foron:

1. OS MARCIANOS. Traballamos palabras como: desexo, querer, seguridade, superación, paciencia, motivación. O lema que escollemos foi: NON TE RINDAS XAMAIS.


2. O ALFAREIRO. Fomos investigando palabras como: a paixón, o esforzo, a constancia, a confianza, a expectativa e a satisfacción. O lema que escollemos foi: CON AMOR APRENDEMOS MELLOR.


3. O PUENTE. As palabras que aquí collemos para traballar cada un foron: xenerosidade, aceptación, comprensión, solidaridade, asombro, lealtade. O lema que escollemos foi: PARA LOGRALO MELLOR EN EQUIPO.

4. ATRÉVETE A SOÑAR. Xurdiron palabras como: felicidade, orgullo, empatía, amabilidade, serenidade, amor e optimismo. O lema que escollemos foi: SE PODO SOÑALO PODO FACELO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario