sábado, 28 de abril de 2018

Postais do mundo

Nos grupos de Proa, aproveitando a recente exposición de selos, adentrámonos no mundo das postais participando no proxecto web Postcrossing co obxectivo de enviar e recibir postais de calquera parte do mundo.
Comezamos cunha exposición de postais para coñecer como son e como escribir nelas.




Solicitamos na plataforma web direcións de outros participantes para enviar as nosas primeiras postais e tócanos enviar as cinco primeiras a Finlandia, Estados Unidos, Alemania, Canadá e Rusia, polo que nos poñemos mans á obra elixindo as postais, redactando o texto e traducíndoo ao inglés.




Agora so nos queda esperar a recibir as primeiras postais e ver con curiosidade dende que lugar do mundo nolas enviaron.

Animamos a todas as familias que desexen desfrutar do apaixoante mundo do intercambio de postais a que se rexistren na web www.postcrossing.com
Feliz Postcrossing! 😄

Ningún comentario:

Publicar un comentario