martes, 12 de xuño de 2018

Fin de Proa

Rematamos Proa 2018 con todo o entusiasmo que nos provoca deixar no corredor do colexio unha mostra da nosa experiencia no intercambio de postais que fixemos a nivel mundial.
Recibimos postais de Estados Unidos, China, Italia, República ChecaFrancia, Alemania e Australia!, das cales aprendemos moitas cousas e cas que viñeron incluso folletos informativos nas linguas nativas e un xogo sobre animais de Minnesota (EEUU).
Foi unha experiencia realmente enriquecedora! ❤

Animamos a todas as familias que desexen compartir a mesma experiencia que se rexistren na páxina web www.postcrossing.com

Felices vacacións de verán!😄







1 comentario: