xoves, 23 de abril de 2015

Día Mundial do libro

Hoxe é o día mundial do libro, no cole de Frións propuxemos que os nenos escollesen o seu libro favorito da biblioteca do aquel.DSC_0318

DSC_0319

DSC_0320 Coma sempre os pequenos foron os máis rápidos.

martes, 21 de abril de 2015

DIA DO LIBRO NO PROA

QUE MELLOR MANEIRA PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, QUE ESCOLLER UN LIBRO QUE NOS GUSTE NA BIBLIOTECA E RECOMENDALO POÑENDO DE QUÉ VAI...DIFICIL ELECCIÓN COA VARIEDADE E LIBROS CHULOS QUE TEMOS NA CASA DO AQUEL!!!

DSC_1621

DSC_1622

xoves, 16 de abril de 2015

mércores, 15 de abril de 2015

Facemos pan en 3º (2014-15)

Despois de traballar os pasos dunha receita e facer lista de compra...toca practicas os pasos para facer pan na aula...


OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA


Amasaron e fixeron boliños entre risas colaborativas...


OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Todo o cole olía a panadería...Non quedaron nin as migas!!!


OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Levedando...

Os alumnos de 3º queren saber que é a levadura e cómo fai medrar a masa do pan...así que lle preguntaron aos doctores Peteiro de 4º para que investiguen e lles aclaren...

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

...e probaron a facer masa con e sen levadura...e buscaron resposta en distintos medios...a todo gas!!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

venres, 10 de abril de 2015

Reporteros!

SABIAS QUE...na revista Reporteros atopamos moitas curiosidades de ciencia...e desde 4º dámolas a coñecer aos compañeiros do cole...

DSC_1479

DSC_1483

mércores, 8 de abril de 2015

Proxecto de investigación "Lemos nun bosque"

Xustificación

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións, coordinados desde a biblioteca escolar pola titora, Mª José Muñiz Mirás e a orientadora, Mª Dolores Juiz López, dirixen un proxecto de investigación sobre as árbores do patio da escola, coordinado co proxecto documental integrado (PDI) elaborado para éste curso desde a biblioteca escolar sobre as árbores do patio da escola. Deste xeito realizaranse investigacións nas que o alumnado, ademais de investigar sobre temas relacionados coas árbores, familiarizarase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando para elo recursos documentais.
“Lemos nun bosque” é o título do proxecto co que, ao longo do curso 2014-15, queremos englobar unha serie de traballos deste nivel, entorno ás árbores. Baixo este título queremos dar continuidade a un proxecto de actuación, co que se participou na 2º edición de Voz Natura no ano 1998 e no que se plantaron moitas das árbores do patio escolar, converténdose así no parque do que hoxe desfrutamos, tanto o alumnado e a comunidade educativa, como a veciñanza de Frións.

DSC_1208 DSC_1207