O alumnado do cole recibiu unha carta do paxariño amarelo. A mascota da biblioteca quere propoñernos investigar sobre mitos, fábulas e lendas. Seguro que nos xurdan moitas verbas, que neste trimestre serán poemadas e faladas.
O "Poema dos pitos" foi elaborado polos nenos e nenas de 2º curso e con él damos o broche final ao proxecto "Cociñamos e creamos e do ovo ao polo investigamos" realizado polos niveis de 2º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Frións, no curso 2015-2016. Na montaxe podemos ver como foron medrando os nosos pitiños...igualiño que van medrando os frionciños ano a ano!!!
O CEIP Heroinas de Sálvora invitounos a visitar o seu centro, dentro da Semana da Diversidade. Fomos co alumnado de 6º de primaria que levou o seu traballo sobre convivencia para expoñelo e amosarlle o proceso seguido e o resultado acadado.
O alumnado de Aguiño, tamén nos amoraron os seus traballos sobre diversidade, algúns centrados en compañeiros que teñen no seu centro. Así faláronnos de diversidade funcional motórica, cegueira, autismo...
Ao chegar ao noso cole xa situamos a exposición permanente dos traballos nas escaleiras que suben para a segunda planta.
Traballo realizado ao longo do curso polo alumnado de 6º curso dentro do Programa de "Mellora da Convivencia e promoción da igualdade nos centros", dentro dos Contratos Programa.
Ao longo do curso, fomos tomando conciencia dos valores persoais que cada un quería poñer na mochila para a súa vida, escollendo unha palabra a partir do visionado dun corto en valores. Elaboramos un EMOCIONARIO FRIONEIRO, con palabras e conductas que facilitan as relacións con outras persoas e aumentan o benestar persoal.
Os cortos empregados foron:
1. OS MARCIANOS. Traballamos palabras como: desexo, querer, seguridade, superación, paciencia, motivación. O lema que escollemos foi: NON TE RINDAS XAMAIS.
2. O ALFAREIRO. Fomos investigando palabras como: a paixón, o esforzo, a constancia, a confianza, a expectativa e a satisfacción. O lema que escollemos foi: CON AMOR APRENDEMOS MELLOR.
3. O PUENTE. As palabras que aquí collemos para traballar cada un foron: xenerosidade, aceptación, comprensión, solidaridade, asombro, lealtade. O lema que escollemos foi: PARA LOGRALO MELLOR EN EQUIPO.
4. ATRÉVETE A SOÑAR. Xurdiron palabras como: felicidade, orgullo, empatía, amabilidade, serenidade, amor e optimismo. O lema que escollemos foi: SE PODO SOÑALO PODO FACELO.
Co remate de curso, chega tamén a exposición final do traballo de investigación que fixeron os alumnos e alumnas de 5º curso Os alumnos e alumnas de 5º curso. Deixaron mostra dos seus descubrimentos e expuxeron o seu traballo aos que tantas preguntas lles fixeron, o alumnado de 3º e 4º curso. Como mostra queda todo o que recolleron e viviron neste percorrido...
Rematamos o curso e xa temos moitas gañas de gozar do tempo de lecer, das vacacións, do sol e da praia. O Aquel deséxavos un bo verán e presenta unhas refrescantes lecturas para soñar e compartir neste tempo merecido de descanso. Esperamos que vos gusten. Ata a volta!
Despois de rematar o traballo duro deste curso tivemos unha salida na que visitamos unha asociación da nosa contorna.
Eles viñeron con motivo do "Día Internacional das Bibliotecas Escolares" a ensinarnos un pouco do seu traballo de encadernación. Agora visitamos as instalacións, compartimos xogos e aprendimos máis do que fan no seu centro. Pasámolo moi ben, como mostra aquí tedes un vídeo.