luns, 23 de maio de 2016

Mar Romera: "educa con amor, en equipo mellor"

As orientadoras que organizamos as Escolas de Familia de colexios de Aguiño, Frións e Pobra, rematamos moi satisfeitas co clima creado coas familias a través desta actividade. A través destas xuntanzas, pretendemos dar resposta a cuestións relativas á educación dos seus fillos e fillas, nun clima de intercambio de experiencias e reflexións sobre temas de actualidade e as dificultades que nos atopamos no cotiá.

Como peche desta rica experiencia, as familias tiveron a sorte de poder escoitar a Mar Romera Morón, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci. Falou con emoción aos pais, as nais e a outros invitados asistentes á súa charla, de dúas horas de duración e que souberon a pouco... Transmitiu coa seguridade de quen sabe do que fala e co exemplo de quen o vive, verdades como:

"A EMOCIÓN VAI ANTES QUE A RAZÓN", e ata o explicou escenificando as partes do cerebro.
"O medo, a culpa, o asco, o enfado...bloquean a resposta racional"
"Busca que os teus fillos APRENDAN A VIVIR, pretender que sean felices é un estado químico e como tal curto e adictivo"... Reflexión: hoxe en día aumentou o consumo de drogas na rapazada.
"¿Pensades que éxito e felicidade son o mesmo?, ¿Cómo podemos garantir o éxito nos nosos fillos e fillas?
"Temos aos nosos nenos e nenas enlatados e os nenos precisan autonomía, responsabilidades, límites...e xogar, ensuciarse, caer e levantarse".
"Preparemos aos rapaces e rapazas para ser fortes, para os cambios...que descubran as súas fortalezas co fin de ofrecerlles desde ahí mellores posibilidades".
"Se entrenamos as súas capacidades, o seu potencial, farémolos competentes... potenciando crencias, espectativas, convenceranse de que poden".
"Non posuimos unha única intelixencia, somos un conxunto de varias que fan que cada individuo sexa diferente, pois a "configuración" das diferentes intelixencias é única (Ken Robinson).
Sólo se pode aprender desde C.A.S.A.: Curiosidade; Admiración; Seguridade; Alegría
Non se aprende desde P.I.S.A.: Presión/prisa; Incomprensión/intolerancia; Standar/Soidade; Ansiedade/angustia/aburrimento.

Libro recomendado: "Neurociencia, sólo se puede aprender aquello que se ama" Francisco Mora.


IMG_0552

IMG_0551

IMG_0549

Ningún comentario:

Publicar un comentario