sábado, 14 de maio de 2016

Receitas de 2º curso

Que actividade tan chula fixo o alumnado de 2º curso coas súas familias. Desde a escola traballamos coas receitas de cociña como recurso que facilita o desempeño da competencia matemática, lingüística, social, creativa, motriz, sensorial… e solicitamos a colaboración de pais en nais para que se meteran na cociña cos seus fillos e fillas.
Coa finalidade de empregar os recursos tecnolóxicos como ferramenta motivadora para a rapazada, a proposta foi que gravaran un video titorial curto, do proceso de elaboración dunha sinxela receita. Enviamos unha selección de alimentos e utensilios de cociña en galego, como guía para empregar algún na explicación e na recollida dos pasos da receita para traer á escola.
E aquí tedes o resultado, con receitas do máis orixinal, cunha desenvoltura de profesionais e cun emprego axeitado de vocabulario en galego. Non deixedes de velos e tomar nota!!!!

Xian Portela Fontán e a súa irmá Adriana:



Miguel Gonzalez Villaverde:


Miguel Cadaval Franco e a súa irmá Ariadna:


Raúl Santos Suarez



Marcos Pouso Blanco:



Claudia Vidal García:



Ningún comentario:

Publicar un comentario